headerheader-400header-800
Volver

BASES DO VI PREMIO DE POESÍA BOUZA BREY

Bases do VI Premio de Poesía Bouza Brey
Prazo de admisión de orixinais: ata o 31 de maio de 2026.
Os traballos deberán ser en lingua galega, orixinais e inéditos, e de temática libre. A extensión mínima será de 300 versos (Times New Roman, corpo 12).
Os traballos serán presentados baixo pseudónimo nun único envío, que conterá:
  • Un exemplar en papel.
  • Un lapis de memoria cunha copia en formato pdf.
  • Un sobre pechado (plica) cos seguintes datos: título da obra, nome completo da persoa autora, documento de identidade, domicilio, breve currículo, enderezo electrónico e teléfono de contacto. No exterior deste sobre debe indicarse o título da obra e o pseudónimo empregado. Unicamente se abrirá a plica da obra premiada.
O premio, único e indivisible, consistirá en 5000,00 €. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia na colección Dombate.
A resolución do xurado darase a coñecer na primeira semana de decembro de 2026.
Información completa nas bases da convocatoria.

Data de publicación: 26/02/2026

Categoría: Normalización Lingüística

Remitido por: NORMALIZACION LINGUISTICA

  1. Descargar