headerheader-400header-800
Volver

X EDICIÓN PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico, convoca anualmente os Premios Provinciais á Xuventude coa finalidade de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia.
Os participantes serán mozas e mozos de entre 15 e 35 anos. Algunhas categorías tamén están dirixidas a asociación xuvenís e estudantís, a persoas xurídicas con sede na provincia, a centros educativos nos que participe alumnado de entre 12 e 35 anos e a concellos da provincia que desenvolvan iniciativas dirixidas á mocidade.
O prazo de presentación de solicitudes é de dous meses, do 3 de marzo ao 4 de maio de 2026.
Para calquera aclaración sobre o contido das bases poderá conectarse co Servizo de Xuventude e Reto Demográfico a través do seguinte enderezo de correo electrónico: xuventudereto@depo.es

Data de publicación: 03/03/2026

Categoría: Xuventude

Remitido por: XUVENTUDE

  1. Descargar
  2. Descargar