headerheader-400header-800
Volver

Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude 2026

A Dirección Xeral de Xuventude, integrada na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsa de novo o seu Plan Anual de Formación para o ano 2026. Nesta convocatoria, o 16 de febreiro abriuse a inscrición para cinco cursos en liña centrados no voluntariado ambiental interxeracional, aos que agora se engaden outros doce cursos da área de voluntariado e dez da área de xuventude.
Estrutura do plan formativo 2026
O programa deste ano inclúe:
  • 4 cursos presenciais
  • 19 cursos en liña
  • 4 cursos en modalidade mixta (dous deles con horas presenciais e outros dous telepresenciais)
En total, ofértanse 1.920 prazas.
Requisitos de participación
Poderán inscribirse persoas maiores de 16 anos interesadas en adquirir coñecementos especializados en acción voluntaria ou asociacionismo xuvenil, sempre atendendo ás condicións específicas de cada curso.
As prazas asignaranse por orde de inscrición, seguindo os criterios establecidos.
Inscrición e acceso ao campus
Os formularios de inscrición —un por cada acción formativa— estarán accesibles no campus en liña da web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org). Nesta edición establécense dúas quendas de apertura:
  • Cursos programados entre marzo e xuño: os formularios poderán cubrirse a partir das 09:00 h do luns 9 de marzo.
  • Cursos previstos de setembro a decembro: a inscrición abrirase ás 09:00 h do martes 1 de setembro e manterase dispoñible ata esgotar as prazas
En ámbolos dous casos os formularios permanecerán abertos ata completar as prazas.
Adxunto cadro dos cursos do Plan de Formación 2026

Data de publicación: 13/03/2026

Categoría: Xuventude

Remitido por: XUVENTUDE

  1. Descargar
  2. Descargar
  3. Descargar
  4. Descargar