headerheader-400header-800
Volver

BASES PARA A PARTICIPACIÓN EN “VILAGARCÍA, CIDADE DE LIBRO” PARA EDITORIAIS E LIBRARÍAS CON SEDE EN VILAGARCÍA DE AROUSA, ASÍ COMO ASOCIACIÓNS RELEVANTES NO MUNDO DA CULTURA E LIBRARÍAS ESPECIALIZADAS.

As presentes bases teñen como finalidade regular a participación e o acceso ás casetas,  das editoriais e librarías con sede en Vilagarcía de Arousa, no evento “Vilagarcía, Cidade de Libro”, promovendo a cultura, a lectura e o uso da lingua galega. Así mesmo, establécese a posibilidade de invitar a entidades relevantes no sector cultural e /ou librarías especializadas, para enriquecer o evento.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais dende a data de publicación na sede electrónica, rematando o 26 de marzo.

Data de publicación: 16/03/2026

Categoría: Xuventude

Remitido por: XUVENTUDE

  1. Descargar