Desde
Sustinea, buscamos
5 participantes
para realizar prácticas profesionais en
Cork (Irlanda) e Lisboa (Portugal),
dentro do proxecto
“Galicia Moza con ALMA”, promovido pola Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea e o Fondo Social Europeo.
As prácticas adaptaranse ao perfil de cada participante e desenvolveranse nunha empresa ou entidade relacionada coa súa formación ou experiencia.
O programa inclúe:
• Formación previa
• Viaxe de ida e volta
• Aloxamento
• Axuda económica (pocket money)
• Acompañamento durante toda a experiencia
Datas:
xullo – outubro de 2026
Destinos:
Cork (Irlanda) e Lisboa (Portugal)
Requisitos:
• Ter entre 18 e 30 anos
• Estar empadroado/a en Galicia (mínimo 1 ano)
• Estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia
• Cumprir polo menos un destes criterios:
-Baixo nivel formativo
-Desemprego de longa duración (mín. 12 meses)
-Residir nun concello rural
-Estar en risco ou situación de exclusión social
Asegúrate de ter todos os requisitos, despois completa o formulario no enlace con toda a información que se che solicita. Poñerémonos en contacto contigo para avalar as oportunidades.
Inscrición aberta aquí:
bit.ly/GaliciaMozaAlma