A Dirección Xeral de Xuventude, pertencente á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, abre hoxe, 29 de xuño, o prazo de matrícula para os cursos que se impartirán no segundo semestre deste ano.
Esta nova programación formativa está deseñada para fortalecer as competencias das entidades que traballan nos ámbitos da acción voluntaria e do tempo libre en Galicia, ao tempo que ofrece recursos útiles á mocidade e ás persoas voluntarias.
En total, estarán a disposición 1.330 prazas de formación.
Inscrición e acceso ao campus
Os formularios de inscrición, un por cada curso, estarán dispoñibles no campus en liña de voluntariadogalego.org a partir das 09:00 h do 29 de xuño, e permanecerán accesibles ata completar as prazas.
Para acceder á plataforma:
-
As persoas xa rexistradas deberán introducir o seu nome de persoa usuaria e contrasinal para formalizar a matrícula.
-
Quen acceda por primeira vez deberá crear unha conta antes de solicitar a inscrición (o manual do alumnado está dispoñible no propio campus).
Información adicional necesaria
No momento de cubrir a inscrición será preciso indicar:
-
Se se pertence a unha entidade de acción voluntaria, de lecer educativo ou de tempo libre.
-
Se se dispón da titulación oficial de monitorado de tempo libre.
Estes datos deben incorporarse no apartado “outros datos” do perfil da persoa usuaria.