headerheader-400header-800
Volver

CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS

CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, e coa colaboración dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística, vai realizar ao longo deste ano diversos cursos dirixidos a persoas adultas interesadas na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial.
Trátase de cursos presenciais, de 20 horas cada un, cos que se pretende promover o emprego do galego e o coñecemento da cultura galega en distintos ámbitos da poboación e en todos os contextos da sociedade, dirixíndose particularmente aos novos galegos e galegas provenientes do exterior.
Estes cursos teñen un dobre obxectivo: fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva das persoas participantes, dado que aprender o idioma do país de acollida é esencial para integrarse con éxito, así como aproveitar o enorme potencial que supón a chegada de persoas de fóra de Galicia como un xeito de incrementar o número de falantes da nosa lingua.
CURSO DE INTRODUCIÓN Á LINGUA E Á CULTURA GALEGAS EN VILAGARCÍA DE AROUSA
-         Actividade: Curso de introdución á lingua e á cultura galegas
-         Modalidade: Presencial
-         Datas da actividade: Do 19 ao 30 de outubro de 2026
-         Horario: De luns a venres, de 18:00 a 20:00 h
-         Lugar: Centro de Formación Permanente, avda. de Matosinhos, 1, Vilagarcía de Arousa
-         Número de prazas: 15 prazas
-         Persoas destinatarias: Maiores de 16 anos que se acheguen por primeira vez ao galego
-         Prezo da inscrición: Gratuíto
-         Lugar de presentación das solicitudes: Na Sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa (https://sede.vilagarcia.gal) ou no Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa
-         Prazo de inscrición: Do 15 de setembro ao 07 de outubro de 2026
-         Adxudicación das prazas: Por orde de presentación
-         Data e lugar das prazas adxudicadas: 14 de outubro de 2026 na sede electrónica e na páxina web do Concello de Vilagarcía de Arousa
-         Diploma de asistencia ao alumnado da actividade de formación (20 horas) expedido pola Xunta de Galicia
-         Obxectivos desta proposta educativa e de integración:
·         Estender o coñecemento de aspectos culturais e lingüísticos que axuden a contextualizar o idioma na poboación que acaba de chegar a Galicia.
·         Facer unha introdución á lingua por medio da familiarización coa fonética, vocabulario esencial e fraseoloxía básica.
·         Divulgar os recursos formativos dispoñibles para coñecer a nosa lingua.

Data de publicación: 10/09/2026

Categoría: Normalización Lingüística

Remitido por: NORMALIZACION LINGUISTICA

  1. Descargar
  2. Descargar
  3. Descargar