Beneficiarios
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, para ocupacións do ámbito das materias impartidas nos obradoiros de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial de Galicia.
As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, mediante instancia xeral á que se anexará o modelo normalizado que será publicado na sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa (sede.vilagarcia.gal), xunto coa seguinte documentación:
a. Copia do DNI, NIE ou NIF da empresa, e poder suficiente para actuar en nome da entidade.
b. Declaración do persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia no mes anterior ao mes de publicación da presente convocatoria.
c. Declaración responsable de que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
Para o caso de que na data de presentación da solicitude estivese xa formalizada a contratación obxecto de subvención, deberá aportar a seguinte documentación, acreditativa da mesma:
a) Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, no seu caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do anexo.
b) Copia dos contratos de traballo obxecto de subvención.
c) Documento acreditativo do alta dos traballadores no réxime correspondente da SS.