headerheader-400header-800
Volver

30008 ESCOLA MULTIDEPORTIVA DE VERÁN 2026

A ESCOLA MULTIDEPORTIVA DE VERÁN, é unha actividade lúdico-deportiva que axuda ao desenvolvemento integral dos nenos/as, mellorando a súa condición física, favorecendo a socialización, a ocupación do tempo de ocio, así como o fomento de hábitos de vida saudables, mediante o xogo e a actividade deportiva.

  • Actividade: Escola Multideportiva de verán, 2026.
  • Días: de luns a venres dende o 1 de xullo ao 21 de agosto de 2026.
  • Horarios: de 10:00 a 13:00 horas
  • Instalación: Recinto Multiusos de Fexdega e outras localizacións como o Estadio de Atletismo ou as Pistas de Tenis do Complexo Deportivo Municipal de Fontecarmoa ou a Praia de Compostela.
  • Número de prazas: 100 prazas por riguroso orde de presentación de solicitudes.
  • Prezo Público: 12,00 € un mes ou 18,00 € dous meses (establecido polo Acordo Regulador Nº III.5) exceptuando as seguintes situacións:

- Redución do 100% para os nenos e nenas que sexan beneficiarios/as do Carné da Fundación de Deportes en vigor, ano 2026.

- Reducción do 100% da tarifa aquelas persoas solicitantes con ingresos inferiores ao importe do IPREM correspondente ao ano en curso (600,00 €) calculado pola renda percápita.

- Reducción do 25% as familias numerosas (deben presentar fotocopia do título desta condición).

PECHADO O CATÁLOGO DE PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE OFERTADA DADO QUE SE CUBRIRON TODAS AS PRAZAS

A nenos e nenas nados/as entre os anos 2011-2019 (ambos inclusive).

A través da Sede electrónica, na dirección https://sede.vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos 30008 Escola Multideportiva de verán, 2026

As solicitudes para inscribirse nas Escolas Municipais de Navegación realizaránse nos modelos normalizados que deberán ir acompañados da siguinte documentación:

I. CON CARÁCTER XERAL:

a) Fotocopia do DNI ou folla do Libro de familia do neno/a inscrito.

b) Resgardo xustificativo do pago do precio público correspondente.

II. PARA BONIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO

a) Xustificante acreditativo da situación na que se encontra o solicitante, conforme ao apartado 1 deste catálogo.

  • Xustificantes dos ingresos da unidade familiar referidos ao mes anterior (como por exemplo: nóminas, cerificados do INEM e S.S.)
  • Fotocopia do título de familia numerosa

Volver