1) Terán dereito a presentar suxestións e reclamacións todos os veciños, veciñas e as persoas físicas vinculadas co Concello a través de relacións tributarias de carácter periódico, así como aquelas persoas xurídicas que teñan un establecemento permanente no termo municipal.
2) Tamén estarán lexitimados para presentar reclamacións as persoas físicas ou xurídicas, non residentes no Concello, que teñan interese lexítimo en procedementos administrativos relacionados co obxecto da reclamación.
PRESENCIALMENTE
O modelo debe descargarse e despois de cuberto e asinado pódese presentar no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
ELECTRONICAMENTE
Tamén se pode presentar nesta sede electrónica, xunto coa documentación que se requira en cada caso. Se se quere utilizar esta vía é necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.
Lembre que para formular solicitudes de inicio de procedementos, presentar declaracións responsables ou comunicacións, interpoñer recursos, desistir de accións ou renunciar a dereitos, deberán achegarse á solicitude xenérica que figura nesta sede electrónica coa finalidade de identificarse na sede coas claves de usuario/a e contrasinal ou ben presentalas con sinatura electrónica do interesado, utilizando o DNI electrónico ou outro certificado admitido a tal fin.