headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

05002 Identificación conductor

Cando se detecta unha infracción de tráfico e non é posible identificar nese momento á persoa que facía uso do vehículo, ao responsable do vehículo (titular/arrendatario, etc.) a normativa sobre tráfico obrígalle á identificación do condutor que utilizaba o vehículo nese momento.


Non levar a cabo a identificación ou realizalo de forma incorrecta pode supoñer que o responsable do vehículo sexa considerado autor dunha infracción moi grave, o que pode carrexarlle a imposición dunha multa de contía moi importante.


Para que a identificación sexa válida será necesario que se inclúan o nome e os apelidos do condutor e o número de permiso de conducir, que se comprobarán de forma telemática no Rexistro de Condutores da DXT, así como o número de referencia do boletín ou expediente da denuncia, de modo que se poida saber en que expediente está a facerse a identificación dun determinado condutor.


Hai que tamén achegar un domicilio para efectuar as notificacións á persoa identificada, xa que pola contra remitiranse ao domicilio que conste na DXT, que puidese non estar actualizado.


Por último, tamén convén saber que, tras a entrada en vigor da última reforma da normativa sobre seguridade viaria, o permitir conducir un vehículo a alguén que non ten permiso, supón a comisión dunha infracción por parte do titular ou arrendatario do vehículo, sen prexuízo de calquera outra responsabilidade derivada do uso do mesmo.


Cando a persoa que conducía non conte cun permiso de conducir inscrito no citado Rexistro de Condutores e Infractores da DXT (por exemplo, por ser estranxeiro ou non residente en España) é obrigatorio que se achegue unha copia da autorización administrativa do condutor que lle habilite para conducir en España. No caso dunha empresa de aluguer de vehículos sen condutor, a copia da autorización administrativa poderá substituírse pola copia do contrato de arrendamento.

Ao titular do vehículo notificado de sanción de tráfico.

PRESENCIALMENTE

O modelo debe descargarse e despois de cuberto e asinado pódese presentar no rexistro xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

ELECTRÓNICAMENTE

Tamén se pode presentar nesta sede electrónica, xunto coa documentación que se requira en cada caso. Se se quere utilizar esta vía é necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Lembre que para formular solicitudes de inicio de procedementos, presentar declaracións responsables ou comunicacións, interpoñer recursos, desistir de accións ou renunciar a dereitos, deberán adxuntarse á solicitude xenérica que figura nesta sede electrónica coa finalidade de identificarse na sede coas claves  de usuario e contrasinal ou ben presentalas con sinatura electrónica do interesado, utilizando o DNI electrónico ou outro certificado admitido a tal fin.


Volver
Tramitar en liña