headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

05003 Alegación/prego de descargo sanción de tráfico

Se non está conforme coa notificación relacionada cunha denuncia por infrinxir as normas de tráfico, poderá formular alegacións dentro dos 20 días naturais seguintes ao momento en que se considere notificada a denuncia.

É importante saber que formular alegacións impide acollerse á redución do 50 por cento do importe da multa

Ás persoas interesadas no procedemento ou os seus representantes legais.

PRESENCIALMENTE

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

Rexistro Xeral do Concello de Vilagarcía de Arousa

Enderezo: Praza Ravella 1, 36600 Vilagarcía de Arousa

Horario: De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas (horario de verán ata as 13:45 h.)

Tamén se pode presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

ELECTRÓNICAMENTE

Tamén se pode presentar nesta sede electrónica, xunto coa documentación que se requira en cada caso. Se se quere utilizar esta vía é necesario que o peticionario se identifique previamente na propia sede a través dos medios previstos na mesma e a continuación siga os pasos para incorporala ao rexistro electrónico.

Lembre que para formular solicitudes de inicio de procedementos, presentar declaracións responsables ou comunicacións, interpoñer recursos, desistir de accións ou renunciar a dereitos, deberán adxuntarse á solicitude xenérica que figura nesta sede electrónica coa finalidade de identificarse na sede coas claves  de usuario e contrasinal ou ben presentalas con sinatura electrónica do interesado, utilizando o DNI electrónico ou outro certificado admitido a tal fin.


Volver
Tramitar en liña