headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

30011 ESCOLAS DE NAVEGACIÓN MUNICIPAIS 2026

A Fundación de Deportes oferta 170 prazas nas Escolas Municipais de Navegación co obxetivo de facilitar o acceso a práctica de deportes náuticos a tódolos/as nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2018 (ambos inclusive), ca condición de que saiban nadar. O prezo público é de 12,00 € por escola de navegación, exceptuando as seguintes situacións:

  1. Reducción do 100% para os nenos e nenas beneficiarios/as do Carné da Fundación de Deportes en vigor, ano 2026.
  2. Reducción do 100% da tarifa aquelas persoas solicitantes con ingresos inferiores (unidade familiar) ao importe do IPREM correspondente ao ano en curso (600,00 €) calculado pola renda percápita.
  3. Reducción do 25% as familias numerosas ( adxuntaran documentación que acredite esta situación).

ESCOLA MUNICIPAL DE NAVEGACIÓN. MODALIDADE REMO

  • Días: luns, martes e xoves dende o día 29 de xuño ao 20 de agosto.
  • Horario: 10:00 a 12:00 horas.
  • Instalación Deportiva: Praia do Preguntoiro nº7, Club de Remo Vilaxoán.
  • Número de prazas: 30 prazas

ESCOLA MUNICIPAL DE NAVEGACIÓN. MODALIDADE VELA (PRAZAS ESGOTADAS NAS DUAS QUENDAS)

  • Días: 1ª Quenda do día 29 de xuño ao 3 de xullo ou 2ª Quenda do día 6 ao 10 de xullo. De luns a venres ambas quendas.
  • Horario: 10:30 a 13:30 horas.
  • Instalación Deportiva: Centro Galego de Vela
  • Número de prazas: 80 prazas, 40 para 1ª quenda e 40 para 2ª quenda.

ESCOLA MUNICIPAL DE NAVEGACIÓN. MODALIDADE PIRAGUISMO

  • Días: martes e xoves dende o 30 de xuño ao 30 de xullo
  • Horario: 11:00 a 12:00 horas.
  • Instalación Deportiva: Nave de usos náuticos.
  • Número de prazas: 30.

ESCOLA MUNICIPAL DE NAVEGACIÓN. MODALIDADE SALVAMENTO

  • Días: luns e mércores dende o 29 de xuño ao 29 de xullo.
  • Horario: 12:00 a 13:00 horas.
  • Instalación Deportiva/ localización: Praia do Preguntoiro, Vilaxoán.
  • Número de prazas: 30.
Nenos e nenas nados/as entre os anos 2010 e 2018 (ambos inclusive) ca condición necesaria de saber nadar
Presentación de solicitudes dende as 09:00 horas do día 1 de xuño ata as 12:00 horas do día 22 de xuño de 2026, través da Sede electrónica, na dirección https://sede.vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedimentos Escolas Deportivas de Navegación, catálogo 30011, SOLICITUDE DE INSCRICIÓN ESCOLAS MUNICIPAIS DE NAVEGACIÓN, 2026.

A solicitude para inscribirse nas diferentes Escolas Municipais de Navegación  realizaranse nos modelos normalizados acompañados da seguinte documentación:

I. CON CARÁCTER XERAL:

a) Fotocopia do DNI ou  folla do Libro de familia do neno/nena inscrito/a.

b) Resgardo xustificativo do pago do prezo público correspondente.

II. PARA BONIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO

a) Xustificante acreditativo da situación na que se encontra o solicitante, conforme ao apartado 1 deste catálogo.

b)Xustificantes dos ingresos da unidade familiar referidos ao mes anterior (como por exemplo: nóminas, cerificados do INEM e S.S)

c)Fotocopia do título de familia numerosa


Volver
Tramitar en liña