headerheader-400header-800
Volver
Tramitar en liña

05005 Ocupación de vía pública

Solicitude para a ocupación de vía pública ou corte de rúa, por obras ou outras causas.

A ocupación de vía pública debe facerse con 7 días de antelación. O corte de rúa con 10 de antelación. Non se aceptarán solicitudes que non cumpran eses prazos.

Persoas ou entidades que necesiten realizar unha ocupación de vía pública ou corte de rúa.

As persoas físicas poden presentala solicitude no impreso 05005 ocupación de vía pública, presencialmente ou por rexistro electrónico.

As persoas xurídicas deberán presentar a solicitude no impreso 05005 ocupación de vía pública por rexistro electrónico.

Dita solicitude deberá ir acompañada da correspondente licenza de obra.

PRESENCIALMENTE

A solicitude poderá obtela en formularios ou nas dependencias da Policía Local, en Praza Ravella nº1 – Baixo.

Unha vez cumprimentada, deberá presentala no rexistro de entrada do Concello, Praza Ravella nº1, segundo andar, ou nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Poderá obter a carta de pago nese momento no Departamento de Rendas, Praza Ravella nº1, terceiro andar

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede presentar o documento de solicitude, debidamente cuberto, xunto coa documentación que sexa necesaria achegar. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital, dni-e ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico"

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarías e rexistros da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento

Solicitude: formulario 05004 ocupación de vía pública

No caso de obras e traballos ou actividades sometidas a licenza municipal, deberá presentar o documento correspondente da licenza de obra ou comunicación previa, e un esbozo da ocupación a realizar.


Esta ocupación ou corte, leva aparellado o pagamento das taxas contempladas na Ordenanza fiscal II.12. O Departamento de Rendas remitirá a oportuna carta de pago que poderá facer efectiva nas entidades bancarias colaboradoras ou no apartado “Pagamento de recibos” na mesma sede electrónica.

Horario:

OFICINA

ENDEREZO

POLICíA LOCAL   

Praza Ravella, 1 – Planta baixa

TELF: 986501582 / 986099200 – ext: 114


Volver
Tramitar en liña