headerheader-400header-800
Volver

30002 CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAORDINARIAS, EXERCICIO 2025

Axudas destinadas a Clubes/Entidades Deportivas sen ánimo de lucro de Vilagarcía de Arousa, para financiar, en parte, os gastos correntes estrita e directamente derivados da realización das actividades deportivas extraordinarias a efectos de que estes poidan alcanzar os seu obxectivos.

A través deste procedemento concederánse subvencións para as actividades deportivas extraordinarias realizadas durante o ano 2024.

Cada Club/Entidade Deportiva poderá realizar unha sóa solicitude para o evento deportivo que considere máis importante.

Prazo de presentación: 20 días naturais despoís do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.

Data de inicio: 08/03/2025

Data fin: 27/03/2025

Clubes/Entidades Deportivas con sede social no Municipio de Vilagarcía de Arousa e que figuren inscritos no Rexistro de Clubes/Entidades Deportivas da Fundación Pública de Servizos Deportivos do Concello de Vilagarcía de Arousa que cumpran os seguintes requisitos:
- Clubes/Entidades Deportivas sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia.
- Que a actividade ou evento extraordinario fora realizado no Concello de Vilagarcía de Arousa, durante o ano 2024, e o seu balance final executado de gastos sexa igual ou superior a 2.000 €.
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Seguridade Social e Recadación Municipal.
- Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.

ELECTRÓNICAMENTE

A documentación requirida presentaránse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, en la dirección https://sede. vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes.

Os formularios estarán a disposición do interesado/a neste catálogo.

Para presentar a citada documentación a de modo telemático será imprescindible, cando menos, que o presidente ou a persoa designada como representante para o envío da solicitude ao rexistro telemático, dispongan de sinatura electrónica, así como deberán acreditar a súa reprensentación por calquera medio admisible en dereito.

Os Clubes/Entidades Deportivas deberán descargar os formularios adxuntos a este catálogo e cumplimentalos segundo ao disposto en cada un deles, unha vez cobertos deberán presnetalos na través da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, en la dirección

https://sede. vilagarcia.gal, sección Fundación de Deportes.

Todos os formularios deberán estar asinados dixitalente polo representante do Club/Entidade Deportiva.

BASES

Outra normativa de referencia:

. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

. Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.


Volver