30003 CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO, EXERCICIO 2025
Descrición
Dirixido a
Clubes/Entidades Deportivas Federadas con sede social no Municipio de Vilagarcía de Arousa e que figuren inscritos no RexIstro de Clubes/Entidades Deportivas da Fundación Pública de Servizos Deportivos Municipais do Concello de Vilagarcía de Arousa que cumpran os seguintes requisitos:
- Clubes/Entidades Deportivas sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia.
- Estar Federadas nunha ou varias Modalidades Deportivas.
- Desenvolver a súa actividade no Concello de Vilgarcía de Arousa.
- Estar ao corrente coas obrigas tributarias de Axencia Estatal Tributaria, Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Seguridade Social e Recadación Municipal.
- Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatiblidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.
Como facelo
ELECTRÓNICAMENTE
A documentación requirida presentaránse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, en la dirección https://sede. vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes.
O s formularios estarán a disposición do interesado/a neste catálogo.
Para presentar a citada documentación a de modo telemático será imprescindible, cando menos, que o presidente ou a persoa designada como representante para o envío da solicitude ao rexistro telemático, dispongan de sinatura electrónica, así como deberán acreditar a súa reprensentación por calquera medio admisible en dereito.
Documentación requirida
Os Clubes/Entidades Deportivas deberán descargar os formularios adxuntos a este catálogoe cumplimentalos segundo o disposto en cada un deles, unha vez cubertos deberán presentalos a través da Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa, en la dirección https://sede. vilagarcia.gal, sección da Fundación de Deportes.
Todos os formularios deberán estar asinados dixitalmente polo represntante do Club/Entidade Deportiva.
Normativa
Normativa:
BASES
Outra normativa de referencia:
. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.
. Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.