headerheader-400header-800
Volver

11004 XIX Premio pola Igualdade na Escola

A Área de Igualdade-CIM convoca para o presente curso 2024-2025 a décimo novena edición do PREMIO PARA A IGUALDADE DE XÉNERO: BOAS PRÁCTICAS NA ESCOLA.

O obxecto desta convocatoria é premiar e dar visibilidade ás boas prácticas educativas nas que se traballe a prol da consecución da igualdade entre homes e mulleres, da igualdade de trato e da non discriminación.

En total serán tres premios destinados á mellor práctica dentro de cada categoría:

Categoría Infantil e Primaria: 700 euros

Categoría Secundaria e Bacharelato: 700 euros

Categoría Ciclos Formativos, Ensinanzas de Réxime Especial ou Obradoiros de Emprego: 700 euros


Volver