headerheader-400header-800
Volver

30005 ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2025/26

A Fundación de Deportes oferta un Programa de Escolas Deportivas Municipais 2025/2026 co obxetivo de facilitar o acceso a práctica deportiva de tódos os nenos e nenas, utilizar a actividade deportiva como medio de educación e saúde, desenvolver as direfentes capacidades físicas e coordinativas, potenciar hábitos saudables, socialización, etc a través dun itinerario deportivo en coherencia cas diferentes etapas evolutivas.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2025/2026 : Desenvolveranse dende o 16/10/2025 ata o 29/05/2026 seguindo o calendario escolar, cun prezo público de 12 €/curso.

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE PSICOMOTRICIDADE: actividades basadas na Educación Física de Base e o Xogo Motor na primeira infancia, que permiten a formación dos nenos e nenas na súa globalidade a partir do movemento, para posteriormente comezar nas actividades deportivas.

- IDADE: Nenos e nenas nados/as nos anos 2020-2021.

- DÍAS E HORARIOS: Luns e mércores de 16:15 a 17:00 horas.

- INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: Recinto Multiusos de Fexdega.

- PRAZAS : mínimo 10 máximo 25 por grupo.

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE MULTIDEPORTE: actividades de iniciación deportiva dos diferentes deportes e xogos predeportivos.

- IDADES: Nenos e nenas nados/as nos anos 2017, 2018 e 2019.

- DÍAS E HORARIOS: Luns e mércores de 17:00 a 17:45 horas.

- INSTALACIÓNS DEPORTIVAS: Recinto Multiusos de Fexdega.

- PRAZAS : mínimo 10 máximo 25 por grupo

ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE BASE: actividades de iniciación deportiva nas diferentes disciplinas deportivas ofertadas, poden elexir un máximo de 2 modalidades deportivas. Modalidades deportivas ofertadas:

ATLETISMO: SUB10 Martes e Xoves de 18:00 a 18:45 horas; SUB12 Martes e Xoves de 19:00 a 19:45 horas; SUB14 Luns e Mércores de 18:00 a 18:45 horas; SUB16 Luns e Mércores de 19:00 a 19:45 horas, no Estadio de Atletismo do C.D.M. de Fontecarmoa.

BALONCESTO: Luns e mércores de 17:00 a 17:45 horas no Recinto Multiusos de Fexdega.

PATINAXE: Venres de 17:00 a 18:30 horas no Pavillón Deportivo do C.E.I.P. Arealonga.

TAEKWONDO: horario sen determinar.

TENIS: Martes de 16:00 a 17:30 horas nas pistas de tenis do C.D.M. de Fontecarmoa.

XIMNASIA RÍTIMICA: Luns e Venres de 16:00 a 16:45 horas no Pavilllón Municipal de Castelao.

- IDADE: Nenos e nenas nados/as entre os anos 2010 a 2016 (ámbos inclusive)

- PRAZAS : mínimo 10 e máximo 25 por grupo

O PREZO de cada para unhas das ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS será o que establece o Acordo Regulador Nº III.5: 12,00 €/Curso

Exceptuando as seguintes situacións:

- Exentos do pago aqueles solicitantes que estén en posesión do Carné da Fundación de Deportes en vigor do ano 2025.

- Reducción do 100% da tarifa aqueles que teñan ingresos inferiores ao importe do IPREM correspondente o ano en curso (600,00 €) calculado pola renta per cápita.

- Reducción do 25% as familias numerosas.

              
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE PSICOMOTRICIDADE: Dirixido a nenos e nenas nados/as en 2020 e 2021.
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE MULTIDEPORTE: Dirixido a nenos e nenas nados/as en 2017, 2018 e 2019
ESCOLA DEPORTIVA MUNICIPAL DE BASE: Dirixido a nenos e nenas nados/as en 2010 a 2016 (ambos inclusive)

A través da Sede Eléctronica, na dirección https://sede. vilagarcia. gal, sección da Fundación de Deportes, catálago de Procedementos 30005.

I. CON CARÁCTER XERAL:

a) Fotocopia do DNI ou folla do Libro de familia do neno/a inscrito.

b) Resgardo xustificativo do pago do precio público correspondente.

II. PARA BONIFICACIÓN DO PREZO PÚBLICO

a) Xustificante acreditativo da situación na que se encontra o solicitante, conforme ao apartado 1 deste catálogo.

-          Xustificantes dos ingresos da unidade familiar referidos ao mes anterior (como por exemplo: nóminas, cerificados do INEM e S.S.)

-          Fotocopia do título de familia numerosa.


Volver