A subvención figura nominativamente nos orzamentos polo que se considera adxudicada tras a aprobación do preceptivo Convenio pola Alcaldía- Presidencia ou órgano en quen delegue e unha vez cumprido o trámite de asinar o convenio por ambas partes. O órgano competente para a tramitación do gasto é o Alcalde-Presidente ou órgano en quen delegue.
Para o inicio do procedemento de concesión da subvención e preceptivo que o Beneficiario presente no Rexistro electrónico do Concello (sede.vilagarcia.gal) unha copia asinada electronicamente do convenio xunto co orzamento de gastos e ingresos (modelo anexo I), así como acreditación da representación legal da entidade beneficiaria.
O pagamento íntegro da subvención será efectiva unha vez realizada a actividade subvencionada, previa presentación da documentación xustificativa da mesma na sede electrónica do Concello de Vilagarcía (sede.vilagarcia.gal), A entidade, a través de instancia dirixida ao Departamento correspondente do Concello deberá presentar no Rexistro Electrónico do Concello (sede.vilagarcia.gal) a seguinte documentación xustificativa:
1. Memoria técnica
2. Anexo II- Conta Xustificativa (ou tamén chamada memoria económica xustificativa) do custo, asinada polo representante legal da entidade
3. Anexo III- relación de facturas/gastos para xustificar a subvención concedida polo Concello (deberase cubrir todas as columnas do anexo).
4. Facturas orixinais cos requisitos establecidos no R.D. 1619/2012, xustificativas do gasto subvencionado e acreditación do pagamento.
5. No caso de gastos imputables á actividade, como nóminas ou porcentaxes de facturas, deberán acompañarse estas de informe onde se certifique e se explique a porcentaxe aplicable á actividade.
6. Anexo IV- Relación de facturas/gastos para xustificar subvencións doutras Administracións Públicas
7. Anexo V- Balance de Ingresos e gastos reais ou realizados.
8. Anexo VI-Declaración responsable ou Certificados de atoparse ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. (Certificados da AEAT, Consellería de Facenda e Seguridade Social).
9. Certificación bancaria do número de conta.
10.Fotocopia DNI do/da representante da Entidade.
11.Fotocopia do NIF da entidade.
12. Certificación expedida polo secretario/a da entidade solicitante, de que a persoa que asina a solicitude é a representante legal da entidade ou documento de nomeamento da mesma.