Entidades veciñais, comisión de festas, asociacións presentes nas parroquias do concello de Vilagarcía de Arousa que organicen festas populares nos seus respectivos territorios e estéan dados de alta no Rexistro municipal de asociacións.
Para solicitar a autorización para a realización dunha festa popular deberase cubrir pola entidade organizadora a solicitude e declaración responsable 15100, sinalando especialmente que atraccións e orquestras participarán na mesma.
Os responsábeis das atraccións deberán cubrir a súa solicitude e declaración responsable (15101) e entregar correctamente toda a docuemntación que se lles solicita. Non se aceptará ningunha solicitude que non teña a autorización da entidade organizadora.
Os responsábeis das orquestras deberán cubrir a súa solicitude e declaración responsable (15104) e entregar correctamente toda a docuemntación que se lles solicita. Non se aceptará ningunha solicitude que non teña a autorización da entidade organizadora.
Para solicitar a autorización da festa popular por parte da entidade organizadora: FORMULARIO 15100
Para solicitar a autorización da instalación de atraccións itinerantes de feira: FORMULARIO 15101
Para solicitar a autorización da instalación de postos de venda de alimentación: FORMULARIO 15102
Para solicitar a autorización da instalación de postos de venda ambulante: FORMULARIO 15103
Para solicitar a autorización de orquestras: FORMULARIO 15104
NORMATIVA DE REFERENCIA


