headerheader-400header-800

Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se reciban a través desta sede electrónica axustarase aos principios e obrigacións establecidos no Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) aprobado polo “REGLAMENTO (UE) 2016/679 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE.”

A Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal que poidan ser solicitados a través dos servizos desta sede, e ao deber de tratalos con confidencialidade. A estes efectos, adoptaranse as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

A recollida e tratamento automatizado de datos de carácter persoal ten como única finalidade a prestación dos servizos solicitados en exercizo de potestades públicas legalmente reguladas, e o seguimento de consultas realizadas polas persoas usuarias. Non se utilizarán para ningunha outra finalidade nin serán cedidos a terceiros sen o consentimento expreso, salvo nos casos e coas condicións previstas no RXPD.

Para a prestación dos servizos a través desta sede electrónica, os datos persoais necesarios están incluídos no Rexistro de actividades de tratamento que pode ser consultado na propia sede electrónica.

En todo momento poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición solicitándoo ao Concello por calquera medio que deixe constancia do seu envío e da súa recepción. Asemade pode ponerse en contacto có delegado de protección de datos do Concello de Vilagarcía no seguinte email: dpd@vilagarcia.gal.

A Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa mantén os niveis de protección dos seus datos persoais mediante os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, ou acceso non autorizado dos datos que facilite á Sede Electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Enlaces relacionados: