headerheader-400header-800

Alta na Sede Electrónica

As modalidades de acceso á parte privada da sede electrónica do Concello son:

  • Identificándose con certificado electrónico.
  • Identificándose con usuario e clave de acceso (alta na sede).

¿Cómo obter unha clave de acceso a parte privada?

  • Con certificado electrónico: Identifícase na sede, cumprimenta a solicitude de acceso e a presenta no rexistro electrónico. Unha vez presentada a solicitude de acceso acudirá á oficina do rexistro xeral do Concello para recoller a clave asignada. Se quere evitar ter que acudir persoalmente á indicada oficina poderá achegar á solicitude unha copia do NIF e remitiraselle a clave asignada ao enderezo que conste no citado documento.
  • Sen certifidado elecrónico: Cumprimentando a solicitude de acceso e presentándoa na oficina do rexistro xeral do Concello.

Posteriormente poderá cambiar a clave de acceso en calquera momento editando a "carpeta persoal".